Dende a Limia
04:04 h. Miércoles, 18 de Octubre de 2017

Curso teórico e práctico de apicultura en Lodoselo

O. Ferreiro | 18 de Septiembre de 2017 (22:00 h.)

O CDR O Viso vén de organizar un novo curso de apicultura para a mellora da biodiversidade. A formación terá unha parte teórica mais tamén outra práctica na que os alumnos levarán á realidade os coñecementos adquiridos.

O curso terá lugar os vindeiros días 30 de setembro e 1 de outubro.

Trátase dunha formación para persoas ocupadas financiada polo Fondo Social Europeo e o Ministerio de Agricultura.

O curso terá lugar os vindeiros días 30 de setembro e 1 de outubro na localidade de Lodoselo –Sarreaus–. O horario será de 10:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 18:00 horas pola tarde.

As persoas interesadas poderán realizar a ficha de inscripción no Centro de Información da Limia, situado na Praza Maior do Concello de Xinzo de Limia.