Dende a Limia
06:58 h. Domingo, 24 de Junio de 2018

O Director Xeral de Inclusión Social da Xunta visitou o CDR O Viso

O. Ferreiro | 20 de Febrero de 2018 (23:23 h.)
O Director Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, D. Arturo Parrado con membros do CDR O Viso.
O Director Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, D. Arturo Parrado con membros do CDR O Viso.

Dende o C.D.R. O Viso deron hoxe acollida ao Director Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, D. Arturo Parrado, boa parte da Xunta Directiva, traballadores e traballadoras, participantes, voluntariado, o alcalde e a tenente alcalde de Sarreaus. A través dun percorrido cronolóxico polos principais centros que conforman o seu proxecto de desenvolvemento comunitario presentáronlle as problemáticas actuais que nos afectan, o presente que os lexitima e os retos do futuro aos que nos enfrontamos.

Neste día estiveron na Reitoral, polas rúas da aldea e no forno comunitario. Despois de enfornar o pan continuaron o percorrido presentándolle algúns dos protagonistas desta aventura coma o persoal da súa vivenda comunitaria. No Centro de Inclusión coñeceu a boa parte dos traballadores e traballadoras e presentáronlle a carteira de servizos de proximidade e inclusión cos que controbúen á mellora da calidade de vida, fundamentalmente, das persoas maiores e dependentes; así como tamén doutras persoas en situación de vulnerabilidade.

Dende a organización, agradeceuse a colaboración desta consellería e sostívose a necesidade de acadar o seu compromiso orzamentario para que poidan manter o equipo de profesionais cos que contan ante os retos que o futuro inmediato nos presenta, tales como, a incertidume xerada –a partires do ano que vén- polo reparto dos fondos do IRPF dende as Comunidades Autónomas.

Algunhas das problemáticas que lle expuxeron foron a ausencia, como categoría específica nas análises sociais, da exclusión territorial no artigo 3 da Lei 10/2013 de Inclusión Social de Galicia, sendo que no territorio da comarca da Limia existe un importante despoboamento e dispersión poboacional, cunha perda progresiva de poboación, que sitúa a moitas persoas ante a encrucillada da exclusión social.