Lunes 20.05.2019

I XORNADAS SOBRE DESPOBOAMENTO NO RURAL GALEGO: RETOS E OPORTUNIDADES

Sarreaus 29 de setembro de 2018 a partir das 10:00

Dentro do  programa de "Sensibilización e concienciación do despoboamento e a necesidade do emprendemento no medio rural" impulsado desde COCEDER (Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural), Galicia será unha das oito Comunidades Autónomas onde se realizará esta Xornada de formación.

O obxectivo é sensibilizar, concienciar da situación actual do medio rural, transmitir a necesidade dun cambio político, económico e social que fomente o noso medio como oportunidade onde vivir sen exclusión. Á vez queremos contribuír á necesidade do emprendemento no medio rural como un dos elementos para frenar o despoboamiento dos nosos pobos.

Os  CDR (s) Portas  Abertas e O Viso organizan para o sábado 29 de setembro un atractivo encontro en Sarreaus, na Casa do Concello, no que a partir da 9.45 hs irase acollendo ás persoas que desexen participar e inmediatamente Tamara  Balboa – Presidenta de  COCEDER e Coordinadora do  CDR Portas  Abertas- e  Rudesindo Lamas -Alcalde de Sarreaus-, abrirán a xuntanza.

Sobre as 10.15 hs o Profesor de Economía Aplicada na USC, Edelmiro López, coautor do documento "Unha estratexia para a Galicia Rural do século  XXI. Diagnóstico e propostas para o debate" axudaranos a analizar a realidade e a reflexionar e debater sobre ela.

Tras un tempo para o café, coñeceremos de primeira man algunhas experiencias do Estado Español, Portugal e de Galicia. Dous exemplos de boas prácticas en cada un destes territorios que son mostra de que tamén aquí "querer é poder", que se se fai unha aposta decidida polo medio rural (activación laboral, emprendemento...) a tendencia  despoblacional dá un xiro.

Animarvos a participar neste encontro. Aberto para as persoas interesadas nesta temática, agradecemos que dalgunha maneira nos fagades chegar a vosa intención de vernos ese día. Podedes facelo avisando en calquera dos dous  CDR (s) Portas  Abertas e O Viso; polo medio que  vos pareza: teléfono, correo  elctrónico.

Estas xornadas son unha actuación mais dentro deste programa subvencionado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade a cargo da subvención do IRPF do ano 2017.

Outra das accións postas en marcha dentro deste memo programa é a creación dun fichero de casas sen habitar, recollendo os datos dos propietarios que queiran cedelas, alugalas ou vendelas. Tamén coas terras non aproveitadas na actualidade.

As personas interesadas en participar deste banco de terras e casas poden poñerse en contacto co  CDR O Viso no teléfono: 988461571 e/ou no correo info@cdroviso.org

PROGRAMA DA XORNADA

9.45hs – Acollida, benvida e presentación das xornada.

            Tamara Balboa – Presidenta de COCEDER – Coordenadora CDR PORTAS ABERTAS.

Rudesindo Lamas- Alcalde de Sarreaus

10.15hs   “UNHA ACHEGA Á REALIDADE ACTUAL DO NOSO RURAL E PROPOSTAS ORIENTATIVAS DE CAMBIO E MELLORA”  Edelmiro López Iglesias  –  Profesor de Economía Aplicada da USC

Cuestións para o debate: complementariedade e conflito entre distintas actividades e usos do solo, papel da agricultura e outras actividades, oportunidades de diversificación económica, planificación dos servizos básicos…

11.30 hs    Pausa – Café e momento para seguir co debate máis informalmente.

12.00 hs  EXPERIENCIAS/PROXECTOS:

- Do Estado Español: “ ESCOLA DE ALCALDES DE CASTIILA E LEÓN”  para a sostibilidade en pequenos municipios  "Premio Foro Fuentes Claras" Juan Carlos Soto Pérez  - Coordinador Xeral.  

- De Portugal:   

ALDEIAS SUSTENTÁVEIS - ANIMAR - Associação Portuguesa para o Desenvolvimiento Local.

ADRAT - Associação de Desenvolvimento da Região do Alto Tâmega - Antonio Montalvao - Secretario Xeral

13.30 hs - Experiencias da comunidade autónoma:

- O TEMPO DE ALDEA - S. Cooperativa Galega – David Lourido e Ramón Lourido.

- ADR MONTEDERRAMO E CASTRO CALDELAS – José Cófreces

I XORNADAS SOBRE DESPOBOAMENTO NO RURAL GALEGO: RETOS E OPORTUNIDADES