Dende a Limia
04:13 h. Martes, 26 de Septiembre de 2017

Rematou o curso de monitores do CDR O Viso

O. Ferreiro | 13 de Septiembre de 2017 (18:44 h.)
Os xa oficialmente Monitores de Ocio e Tempo Libre durante a súa formación en Lodoselo.
Os xa oficialmente Monitores de Ocio e Tempo Libre durante a súa formación en Lodoselo.

Un total de 24 mozos e mozas de diferentes idades estiveron convivindo durante 20 días en Lodoselo, da man da Escola de Tempo Libre Limicorum –do CDR O Viso– para se formaren como Monitore de Ocio e Tempo Libre.

Agora, para obter o título oficial tan só lles resta superar as 150 horas de prácticas.

A maioría do tempo realizaron actividades na casa rectoral pero tamén no centro de inclusión, ao longo da aldea de Lodoselo ou no Pavillón de Deportes de Sarreaus. Durante a súa formación tamén coñeceron algúns dos mellores recunchos da comarca da Limia: o Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras, a Torre e Pena e a de Porqueira, as Fervenzas do Fírveda, as areeiras de Sandiás, o Museo Etnográfico de Vilar de Santos ou a Casa da Lagoa en Sandiás.

Durante a formación, o CDR O Viso contou coa colaboración de Antón Castro –de Fuxan os ventos–, con membros da Asociación de Xogos Populares e Tradicionais de Galicia e con persoal da Xefatura Provincial de Tráfico. Mesmo tiveron a posibilidade de compartir algunha xornada cos participantes nos programas do CDR O Viso.

Agora, para obter o título oficial tan só lles resta superar as 150 horas de prácticas.