martes 19.11.2019

Sarreaus abre as portas da súa Casa Niño ás pequenas e pequenos do municipio

Ten xa todas as súas prazas cubertas
Sarreaus abre as portas da súa Casa Niño ás pequenas e pequenos do municipio

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, acompañada da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, visitou as instalacións da nova Casa Niño que se puxo en marcha na localidade de Sarreaus en agosto. Esta é unha das 32 casas que están á disposición das familias na provincia de Ourense.
image_gallery
As Casas Niño son recursos gratuítos para as familias que se impulsan nos concellos máis pequenos -con menos de 5.000 habitantes- para contribuír a facilitar a conciliación da vida laboral e familiar e, ademais, dinamizar a economía local para intentar fixar poboación nova no rural. É un servizo no que se presta atención personalizada e nun horario flexible a un máximo de cinco nenos e nenas de entre 0 e 3 anos. En concreto, esta Casa Niño de Sarreaus ten todas as súas prazas ocupadas.

Sarreaus abre as portas da súa Casa Niño ás pequenas e pequenos do municipio