Lunes 20.05.2019

Susto en Sarreaus por un lume que comezou a carón dunha casa

    Un lume deu comezo arredor dunha vivenda en Sarreaus. Pasaban das 18.30h cando os bombeiros se achegaron ata o lugar para sofocar as lapas. Os veciños e veciñas de Sarreaus colleron medo pola súa proximidade ás casas. 

Ata o lugar do suceso achegáronse tamén efectivos da Garda Civil.

casa 2

Así as cousas todo quedou nun susto e pasadas as 19h da tarde o lume quedou extinguido.

Polo momento descoñécense as causas do pequeno incendio que empezou a carón desta vivenda de Sarreaus que correu o risco de arder. 

Comentarios