martes 16.07.2019

ABANCA e a IXP Pataca de Galicia pactan novas fórmulas para facilitar o acceso a financiación

Os produtores desta IXP poderán acceder a un catálogo adaptado as necesidades do sector en condicións vantaxosas,grazas a unhadivisión especifica do banco:ABANCA Agro

ABANCA e o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia renovaron un ano máis a súa colaboración cun novo convenio financeiro que medra con novas opcións de crédito para atender as demandas dos agricultores deste tubérculo. 

O presidente do CRIXP Pataca de Galicia, Guillermo Budiño, e a directora de zona de ABANCA en  Ourense Sur, María José López, acompañados polo secretario do Consello Regulador Ricardo Losada, e os directores das oficinas de Xinzo de Limia, Francisco Javier Fernandez Iglesias e Javier Sachez, rubricaron en Xinzo está mañá un novo convenio que reafirma o compromiso da entidade financeira cun segmento básico da economía produtiva da comarca e cun sector estratéxico para Galicia

O convenio pon a disposición dos integrantes desta indicación xeográfica protexida a oferta sectorial de ABANCA, pero con condicións melloradas. Un catálogo de produtos con alternativas de crédito que aborda especialmente algunhas das necesidades máis esenciais dos agricultores. Así, os produtores poderán acceder a préstamos específicos con prazos de amortización amplos, xuros baixos e sen algunhas das comisións máis habituais. A oferta tamén complétase con outros produtos como liñas de comercio exterior, financiamento a través de leasing, avais e anticipos de subvencións ou impostos.

Do mesmo xeito, co ánimo de optimizar a calidade do servizo que se presta aos agricultores e dar unha atención máis personalizada a este colectivo, ABANCA poñerá á súa disposición persoal especializado en xestión de seguros, quen asesorará das pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada asociado. O banco ofrecerá aos interesados seguros específicos para o sector como as Liñas Agroseguro, o Seguro de Explotación Agraria ou o Seguro de Maquinaria Agrícola, entre outros. Esta oferta compleméntase cunha liña de financiamento específico para seguros agrarios que permite fraccionar o pagamento da prima ata en 12 meses.

Os produtores da IXP Pataca de Galicia tamén se beneficiarán das vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais. Así mesmo, poderán desfrutar das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con  diversos organismos públicos. Tamén poderán gozar das vantaxes do acordo do banco coa sociedade galega de garantía recíproca Sogarpo.

A IXP Pataca de Galicia agrupa aos produtores deste tubérculo na subzona de Bergantiños, Terra Chá-A Mariña, Lemos e A Limia. Cunha superficie adicada ao cultivo de unhas 1.800 hectáreas, e un dos produtos máis recoñecidos de Galicia. Pola súa parte, ABANCA conta cunha división especifica centrada nas necesidades do agro galego: ABANCA Agro. Nela, agrupa un catálogo específico, xestores especializados e respostas adaptadas ás necesidades deste sector clave para a comunidade galega.

 

ABANCA e a IXP Pataca de Galicia pactan novas fórmulas para facilitar o acceso a...