Dende a Limia
22:00 h. Sábado, 15 de Diciembre de 2018

A ANPA do CEIP Rosalía de Castro busca mais socios

| 04 de Octubre de 2018 (20:54 h.)

NOTA DE PRENSA DA ANPA

Comeza un novo curso e con el una nova ANPA, renovada  e con moitas ganas de traballar.

Este ano académico 2018/2019 a ANPA do CEIP Rosalía de Castro en Xinzo de Limia queremos chegar a máis familias e darlle información sobre que son as ANPAS e que función cumpren.

Por iso,  esta primeira semana de Outubro  estaremos presentes  nos horarios de entrada e saída dos nenos  e nenas do  colexio  cunha mesa informativa  facendo  campaña para por en valor as asociacións de nais e país dos alumnos.

 Precisamos fortalecer  a nosa asociación con mais familias asociadas e así ter máis capacidade de buscar solucións a problemas colectivos ou individuais dos alumnos e alumnas e tamén  facer moitas máis actividades lúdicas e educativas nas que estamos xa a traballar.

Tamén presentamos una segunda campaña en colaboración co comercio local. O carné de asociado ademais serve para que se poidan beneficiar os socios de descontos en algúns dos comercios da vila.

Desexamos que despois desta acción programada e organizada  podamos sumar  forzas. Así que animamos a todas as familias a que se acheguen  e participen activamente nesta nova temporada.

Esperemos poder compartir un ano cheo de vivencias ilusionantes, dun aprendizaxe motivador e en consecuencia gañar calidade de vida no educativo dos nosos fillos e fillas.