lunes 26.08.2019

As ANPAS teñen que poñerse ao día

Reuníronse en Xinzo as pertencentes aos centros da Limia

As ANPAS teñen que poñerse ao día

O sábado pola tarde as responsables das ANPAS dos centros públicos da Limia reuníronse coa directiva da Federación de ANPAS de Ourense para pórse ao día na normativa de funcionamento.

Asistiron a maioría das asociación de país e nais, posto que tamén a maioría dos seus membros eran novos nos cargos. Outro dos motivos da reunión é a de poñer os estatutos ao día, ademais de intercambiar  ideas de funcionamento que redunde na mellor marcha de cada una delas.

Polo que se viu nos asistentes a reunión as ANPAS da Limia é cousa de mulleres.  Neste caso a nota “discordante” ven da man da ANPA do Carlos Casares de Xinzo.

Segundo manifestaron na saída os asistentes esta xornada foi moi frutífera, sobre todo como intercambio de experiencias.