Dende a Limia
10:58 h. Viernes, 25 de Mayo de 2018

A Arca da Noe, outra vez finalista dos afamados premios Martín Codax

| 24 de Abril de 2018 (21:13 h.)

Outro ano mais a taberna cultural situada no concello de Vilar de Santos con pouco mais de mil habitantes competiu con salas de concertos en vivo das catro capitais galegas.

Pola súa programación continua de concertos e actividades musicais, este ano volve ser finalista competindo con dúas salas mais. Sala Garufa Club  situada na Cidade Vella da Coruña con 22 anos de antigüidade e con El Contrabajo Club na cidade de Vigo.

O gañador coñecerase nunha gala que se celebrará o día 9 de maio.

Parabéns a Arca da Noe, posto que dende a Limia compite coa Coruña e con Vigo.Unha honra para a comarca ter unha sala recoñecida, non so en Galicia nestes premios, se non a nivel internacional.

A Arca da Noe, defínese da seguinte maneira:

206

A Arca da Noe é uma taberna cultural situada no concelho de Vilar de Santos na comarca da Límia.  Em agosto de 2014 abrimos a nave e aqui estamos a tentar manter e alimentar a bourbulha com todo tipo de atividades e músicas, e ainda que chova, queremos seguir a ser refúgio de todo tipo de alimanhas. Continuamos sonhando!!