Dende a Limia
22:24 h. Miércoles, 18 de Julio de 2018

A asoc. De Produtores de pataca queren apoio para declarar a Limia, zona catastrófica

| 02 de Abril de 2018 (21:27 h.)
Amador Díaz, presentando os escritos
Amador Díaz, presentando os escritos

Esta mañá o presidente da asociación de produtores de pataca da Limia, achegouse ao rexistro do concello de Xinzo para presentar un escrito  no que solicitan  que se inste aos organismos oficiais correspondentes a DECLARACIÓN DE ZONA CATASTRÓFICA por mor da situación dos campos no que se plantou o trigo do inverno.

O mesmo que solicitaron o apoio do concello de Xinzo, tamén presentarán o mesmo escrito en todos os concellos da Limia ademais do de Xunqueira de Ambía.

ESCRITO PARA A CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA MIÑO SIL

Tamén presentaron na xanela única do concello de Xinzo un escrito dirixido a CHMS pedindo a axuda e colaboración da confederación para a intervención mediante a limpeza de cunetas e canais en sitios concretos.

Tamén fan a mesma solicitude a Consellería de Medio Ambiente e a de Medio Rural.