Dende a Limia
00:16 h. Domingo, 16 de Diciembre de 2018

A Asociación de veciños da esterada de Celanova, non está de acordó co proxecto de remodelación

| 21 de Noviembre de 2018 (22:43 h.)

 

Dende que se fixo público a existencia dun novo proxecto para o acondicionamento da nosa rúa, por parte da “ASOCIACION DE VECIÑOS DA CT. DE CELANOVA” convocáronse varias reunións co fin de recabar e valorar as opinións dos residentes afectados.

No transcurso destas xuntanzas, un importante grupo de veciños manifestou a súa preocupación por a execución desas obras, para cuxo deseño nin tan sequera foron consultados. Engádense ademais anteriores experiencias sufridas, vista a nula consideración que as diversas administracións tiveron das opinións e suxestións vertidas por os veciños.

Na derradeira convocatoria, celebrada o 19 de Novembro, insistiuse na gran desaprobación co proxecto asinado por o Concello de Xinzo coa Xunta de Galicia, acto para o que nin tan sequera foron convidados, a pesar de ser os máis afectados por esta reforma.

Recalcáronse os graves danos que, de non se modificar este proxecto, se van a ocasionar ós mais de catrocentos residentes da rúa, ademais de ós traballadores e transeúntes que utilizan esta estrada de xeito habitual. Debemos considerar que esta estrada representa unha das principais entradas e saídas da vila, por a que circulan diariamente un número importante de vehículos.

Como xa lle manifestaron as autoridades locais, así como a algún dirixente da oposición, e tendo en conta tanto a seguridade viaria como os accesos as distintas fincas, considerase imprescindible e innegociable a dobre circulación por a calzada central da rúa, con accesos a negocios e vivendas axeitados as nosas necesidades, urbanizando todo dun xeito mais racional. Nin se está de acordo co sentido único nin tampouco ca utilización da vía de servizo como carril principal de entrada de coches con sentido ó centro urbano.

Por último quedou nomeado un comité, formado por un número reducido de veciños, para facer un seguimento das distintas propostas non contempladas no proxecto e que previamente xa foron trasladadas ó goberno local. Tamén se insistiu na intención de respectar as normativas vixentes, pero sen tampouco descartar futuras posturas de forza, mobilizacións e outras actuacións que consideren necesarias para que se atendan as demandas e intereses dos veciños, imprescindibles para facilitarlles o transcorrer da súa vida diaria.