Sábado 23.03.2019
Promovida dende o CDR O Viso

CAMPAÑA 8M: DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Percorrerá tódolos CEIP da Limia e os IES de Xinzo

O CDR O Viso segue a traballar en e para a igualdade entre mulleres e homes. Para conmemorar o 8 de marzo: Día Internacional das Mulleres, as educadoras sociais do CDR O Viso percorrerán dende o luns 11 ata o xoves 14 de marzo tódolos CEIPs da comarca da Limia e os dous IES de Xinzo de Limia, levando a cabo actividades de coeducación, igualdade e sensibilización.

Traballar dende idades temperás axudará a eliminar os estereotipos relacionados co xénero e, por conseguinte, a previr situacións de discriminación sexista no futuro. Dende o CDR O Viso seguen apostando pola coeducación como a mellor ferramenta para acadar este obxectivo.