Domingo 16.06.2019

Campaña de control de taxa de alcoholemia e drogas en condutores

Colaborarán as policías Locais nós Concellos

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) desenvolverá esta semana, unha campaña especial de control da taxa de alcoholemia e de consumo de drogas entre os condutores, tal como avanzaron hoxe a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo; presentaron o dispositivo que será posto en marcha ao longo destes días.

190603 SDC Campaña tráficoTanto a subdelegada do Goberno como a xefa provincial de Tráfico mostraron a súa preocupación polo incremento do número de falecidos nas estradas galegas, que no que vai de ano aumentou de maneira considerable, xa que se contabilizan ata agora 42 persoas mortas cando nas mesmas datas do pasado ano rexistráronse 27 falecidos en accidentes de tráfico. Pilar López-Rioboo fixo un chamamento á prudencia e á responsabilidade, á vez que instou aos condutores a non relaxarse no cumprimento das normas, tendo en conta que o exceso de velocidade, a non utilización do cinto de seguridade, a inxesta de alcol e drogas, xunto aos descoidos e falta de concentración, motivaron este aumento da sinistralidade. Por iso, incidiron na importancia de campañas como a que desde hoxe e ata o domingo levarán a cabo os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil.

Nesta iniciativa fomentarase ademais a colaboración cos concellos das catro provincias para realizar probas en zonas urbanas, con especial incidencia nas zonas de lecer nocturno. Ademais, incidirase no control de condutores de furgonetas para asegurar que este tipo de vehículos, que se dedican nun número importante ao transporte de paquetería, desenvolven a súa actividade baixo os mesmos parámetros de seguridade e control que o resto de usuarios. Pilar López-Rioboo lembrou que o alcol é un factor concorrente ou determinante nun terzo dos accidentes mortais de circulación. A súa presenza na condución, dependendo da súa taxa, multiplica entre 2 e 15 veces o risco de sufrir un accidente, ademais de ser un factor agravante das súas consecuencias. Por iso, a estratexia de Seguridade Viaria 2011-2020 establece entre os seus obxectivos descender do 1% os positivos por alcoholemia nos controis preventivos aleatorios. En España, case un 15% de condutores conduce tras consumir algunha substancia que poida afectar á capacidade para unha condución segura. O cannabis ( THC) e a cocaína son as dúas substancias achadas con máis frecuencia. Na campaña que se desenvolverá esta semana colaborarán de maneira activa membros da Asociación de Lesionados Medulares e Grandes Discapacitados Físicos de Galicia ( Aspaym), que se encargarán de entregar información aos condutores para reforzar a necesidade de concienciarse dos riscos que xeran o alcol e as drogas. Na campaña que se fixo nestas mesmos datas o pasado ano realizáronse en Galicia 20.347 probas de alcoholemia, das que 260 deron positivo (o 1,27%). En canto ás probas de drogas, realizáronse 547, das que resultaron positivas 176 (32,17%). Entre os positivos, as maiores cifras danse nos homes (máis do 80%) con idades entre 45 a 54 anos.