Dende a Limia
00:16 h. Domingo, 16 de Diciembre de 2018

CAMPAÑA PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

| 27 de Noviembre de 2018 (19:20 h.)

O CDR “O Viso”, xunto co CIM e a Cruz Vermella de Xinzo, realizaron diversas actividades de coeducación e igualdade polos C.E.I.P. da comarca ao longo da semana pasada, para concienciar e sensibilizar ás nenas e ós nenos da necesidade de erradicar esta dura realidade, a violencia á que moitas mulleres están sometidas por parte das suas parellas e/ou exparellas.

141414Xornadas de información, debate e entretidas actividades e xogos para que os cativos e as cativas reflexionen sobre os roles e estereotipos de xénero, entendan a importancia da igualdade e a tolerancia á diversidade partindo da base do respeto entre as persoas e do diálogo.

A campaña rematou nos IES de Xinzo de Limia, con dinámicas de sensibilización sobre a violencia contra as mulleres e de detección de conductas violentas dentro da parella, incluídas as que se exercen de forma sutil baixo a idea do amor romántico.131313

Na primeira foto, aparace Ruben Stein, voluntario do CDR “O Viso” beneficiario do Servicio de Voluntariado Europeo do Programa Erasmus +, cofinanciado pola Comisión Europea, que participou activamente na campaña.