martes 19.11.2019

O CDR O Viso recibirá 15.500 € da Deputación Provincial

Con esa cantidade financiarán tres proxetos ao longo do ano
O CDR O Viso recibirá 15.500 € da Deputación Provincial

Os  proxectos presentados para a prestación de servizos sociais na convocatoria 2019 da Deputación de Ourense foron aprobados e subvencionados; esta axuda permitiranos ampliar e manter as actividades e servizos prestados en cada un dos programas. Son proxectos, moitos deles, de continuidade, que o CDR O Viso leva desenvolvendo dende fai anos e que están sendo cofinanciados con outras subvencións da Consellería de Política Social, a  Fundación La Caixa a través da convocatoria para programas de “Acción Social en el Ámbito Rural 2018” e a Fundación España.
Os proxectos son:
Na Liña A : para proxectos de emerxencia social, no PROGRAMA DE ATENCIÓN ÁS NECESIDADES BÁSICAS, APOIO E ASESORAMENTO con 4.500€.  Os servizos 19598968_1405975132825448_6020402173104627196_nque se prestan no marco deste programa van desde a Información, valoración, orientación e asesoramento a través do cal se trata de espertar un cambio nas persoas acompañándoas a través da relación de axuda contribuíndo á mellora da súa calidade de vida; Comedor social no Centro de Inclusión de Lodoselo e reparto de comidas a domicilio; reparto periódico de produtos básicos de alimentación, hixiene e outros bens de subministro básicos; servizos de hixiene, lavandería e roupeiro no Centro de Inclusión… ata a coordinación interdisciplinaria coa rede institucional pública, privada e de iniciativa social xunguindo a todos os axentes sociais nunha estratexia integral que sitúe ás persoas usuarias no centro e eixo de todas as actuacións.


Na Liña B: Proxectos e actividades de prestación de servizos socias, no PROXECTO INTEGRAL DE INTERVENCIÓN SOCIAL NA COMARCA DA LIMIA: SERVIZOS DE PROXIMIDADE con 6.500€ O 11539004_860864104003223_7410452624784950898_oproxecto nace da participación social. A nosa proposta de valor diferencial é respectar un principio básico do traballo con persoas con necesidades: a máxima permanencia das persoas nunhas condicións dignas no seu medio, a través dunha estratexia procesual e integral. Temos en conta a identidade rural, os modos de vida, veciñanza, axuda mutua, costumes, territorio. Desenvolver, acompañar e non desarraigar. A transparencia na xestión, a experiencia, o coñecemento do propio medio. O deseño e desenvolvemento de accións inclúe desde a prevención e promoción da saúde ata a intervención directa sobre aquilo que limita a autonomía da nosa comunidade e mingua a súa calidade de vida. Este proxecto que presentamos, enmárcase dentro do que facemos no Centro de Inclusión ( Atención sociosanitaria. Realización de intervencións terapeúticas e individualizadas no centro, servizo de comedor e transporte. Programas de rehabilitación cognitiva e funcional, xerontoximnasia, rehabilitación, reentrenamento e mantemento en AB e IVDs, psicoestimulación e terapia recreativa en sesión individuais e grupais); vivenda comunitaria (para 12 persoas maiores e con prazas de estancia temporal en situación de emerxencia e/ou circunstancias especiais); servizos de proximidade (no centro e a domicilio: servizo de transporte adaptado, servizo de lavandería e pasado o ferro, servizo de podoloxía; servizo de barbería; servizo de comedor a domicilio; servizo de acompañamento en citas a especialistas, situacións de hospitalización. Acompañamento nocturno ou de fins de semana; servizo de apoio psicosocial. intervención psicosocial individualizada e en grupo con familiares, persoas coidadoras e persoas usuarias; servizo de terapia ocupacional nos domicilios; servizo de préstamo de axudas técnicas. e, actividades de formación. (escola de saúde) para persoas voluntarias, traballadores/ as, familiares e/ou coidadores, profesionais e poboación en xeral; realización de talleres formativos e xornadas de sensibilización, fortalecemento da redes sociais (troco de saberes) e afectivas a través de actividades de Pobo Escola con participación de pequenos e maiores.


Na Liña C: Proxectos de reto demográfico: PROGRAMA INTEGRAL DE ATENCIÓN Á FAMILIA E A INFANCIA NA LIMIA con 4.500€
21-16-54-48.admin.IMG_20190821_123553_resized_20190821_04144384949089Concilia no verán: realizándose actividades no Pobo Escola de Lodoselo durante os meses de xullo e agosto de 2019. Catro quendas quincenais de 9h a 14h de luns a venres. Os contidos das actividades van enfocadas principalmente a unha acción educativa e social da comunidade rural, onde os/as nenos/as estarán en permanente contacto coas persoas do lugar, coa riqueza natural limiá e a posta en valor do patrimonio rural.
Concilia no nadal: actividades no Pobo Escola de Lodoselo durante as vacacións escolares de Nadal (do 23 de decembro de 2019 ao 6 de xaneiro de 2020), en horario de 9h a 14h (horario escolar). As actividades irán na mesma liña que as de verán, sempre promovendo e facilitando a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Realizaranse actividades relacionadas con esta época do ano como cantar panxoliñas de Nadal, obradoiros artesanais etc.
Educación infantil familiar na Limia: Diríxese a familias con nenas ou nenos entre os 0-6 anos. O eixo vertebrador do programa son as xuntanzas de familia, espazo socioeducativo para todas as persoas que participan e apoio puntual a necesidades de conciliación, garantindo a posibilidade de que pais e nais poidan acceder a servizos de busca de emprego, entrevistas laborais ou outras xestións persoais.. Cada ano tamén se leva a cabo o Encontro de familias da Limia, que ten lugar no Pobo Escola de Lodoselo.
Punto de atención educativa e familiar: diríxese a familias que precisan asesoramento puntual en temas relacionados coa crianza ou educación das fillas e fillos. Ofrécese este servizo nun espazo respectuoso que garanta a privacidade e confidencialidade das persoas atendidas e no horario acordado polas dúas partes.
Actividades comunitarias: dirixidas a toda a poboación para favorecer o desenvolvemento comunitario, o asociacionismo e a interxeracionalidade mediante actuacións formativas e informativas, xuntanzas interxeracionais e dinamización comunitaria.