Dende a Limia
14:04 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Chourizos, panceta, empanada, viño e castañas

| 11 de Noviembre de 2017 (12:49 h.)

Dende as 17:00  ata que as forzas remataron durou o magosto municipal celebrado polas rúas do casco vello, tendo o seu punto neurálxico na praza de Oriente.

531Con novidades con respecto aos anos pasados como foron os xogos populares e o mercádello popular polas rúas e tendo como prato forte as castañas acompañadas de chourizos, panceta, costela empanadas pan e viño.

Moitos foron as empresas que colaboraron co magosto nesta edición. A carne e chourizos foron doados por Coren. O viño branco foi invitación do Consello Regulador Monterrei. As empanadas fixéronse no obrador da panadería Villaderei.

Os chourizos foron asados no forno do Artesán. O traballo e as parrilladas puxéronnos colaboradores e colaboradoras do Concello e a música popular varios grupos de gaiteiros e percusión de Xinzo e de Baltar.

MAGOSTO SOLIDARIO

530Tamén se diferenciou esta edición do magosto municipal porque a recaudación de 1 € por participante, voluntario, foi entregado integramente a Cáritas da Limia.