Dende a Limia
01:15 h. Sábado, 21 de Octubre de 2017

O comerio da Limia, o mais premiado de Galicia

| 19 de Julio de 2017 (12:00 h.)

Os negocios da Limia que repartiron os premios ós afortunados foron Óptica Lethes (dous cheques de 500 y 300 €), Joyeria Gilmo (un cheque de 150€), Coqueta (150€), Zapatería Chanquiña 150 €, Avantaxe 150€ e Muñeca de Trapo 300 €

O acto celebrouse en Santiago de Compostela e o mesmo acudiron tres representantes da nova asociación de comerciantes e empresarios PRO LIMIA, (Teresa Martínez, presidenta; Marta Enriquez, Vicepresidenta de Comercio; Daniel de la Torre Rivero, Secretario) e o Concelleiro de Comercio de Xinzo, Carlos Gómez Salgado. así como tres representantes dos establecementos que tiñan premio para os seus clientes, (Eva Manso, Daniel Sanchez e Tania Atanes)

pro-limia 2Segundo comunican dende a asociación ademais de asistir o acto de entrega de premios fíxose a presentación oficial da nova asociación PRO LIMIA e aproveitaron  para concertar entrevistas cos responsables de comercio da Xunta os cales prometeron que farían unha visita a Xinzo no mes de agosto para ofrecer todo o seu apoio institucional dende a propia comarca.

POSPOSTA A DATA DA ASEMBLEA XERAL

En nome da xunta directiva Teresa Martínez, a súa presidenta comunica que  ante a imposibilidade de celebrar a asemblea xeral antes do verán, creen axeitado pospoñer a súa celebración a primeira semana de setembro. Non obstante, afirma, que seguen a traballar intensamente para chegar a esa cita co maior número de asociados posible e con proxectos ilusionantes para tod@s.