Dende a Limia
05:51 h. Sábado, 15 de Diciembre de 2018

Comezou o Plan Estratéxico de Turismo Rural de 2018-2022 en Xinzo

| 10 de Abril de 2018 (21:01 h.)

Este mércores celebrouse a primeira mesa de traballo ca empresa consultora Vivae, quen son os encargados do Plan Estratéxico de Turismo Rural en Galicia para os anos 2018-2022, co cal se busca ver a situación actual do turismo rural e da oferta de Galicia e según esta propor unha serie de accións de mellora.

O estudo da situación realizarase a partir dun traballo de campo do que se tirarán unhas conclusións e un diagnóstico. A partir de entón faranse enquisas e reunións con expertos para clarificar as necesidades de cada destino e analizar de forma cantitativa e cualitativa a a oferta Turística de Galicia, tendo en conta de se estas ofertas teñen selos de calidade, servicios complementarios etc.

Como ben decimos, este análise realizarase a través de enquisas e entrevistas individuais, tanto as casas rurais como ós expertos da oferta complementaria (turismo activo, guías oficiais) e incluso as universidades e investigacións relacionadas co tema

A comerca da Limia foi a segunda en celebrar a súa mesa de traballo. A resposta respecto a convocatoria foi boa, con unha variada participación: dende casas rurais, asociacións de comercias e empresarios e o concello. Fíxose unha primeira visión da situación actual e unha posta en común de ideas. 

Algúns dos puntos que se tratan nestas mesas de traballo son:
"Principais recursos do xeodestino, Pilares do seu posicionamento actual e elementos diferenciadores",
"Balance sobre a dotación de infraestructuras: situación e actuacións necesarias. Accesos e Turismo Inclusivo"
Tamén hai un apartado que ten como protagonista o Xacobeo 2021 e se os establecementos rurais están preparados e que accións poden levar a cabo dende o xeodestino.

Unha vez cas propostas estudades e definidas, intentarase chegar a un consenso entre todas as partes implicadas. Os resultados plubicaránse en torno a setembro e a Xunta articulará as relacións entre as partes e decidirá que é viable e que non.