Dende a Limia
16:33 h. Lunes, 22 de Octubre de 2018

Concerto didáctico 2018

| 28 de Abril de 2018 (23:19 h.)
215
215

O día 27 o alumnado e profesorado do Conservatorio de Xinzo  deron o seu concerto didáctico correspondente ao curso 2017/18.

Na sesión de mañá o público asistente estivo formado polos tamén alumnos dos centros educativos da vila.

214

Xa pola tarde  todos os que quixeron acercarse o auditorio da Casa de Cultura de Xinzo puideron disfrutar coas interpretacións dos diferentes grupos que se fixeron  dende 2 ata 10 compoñentes que foron enchendo de música a sesión, ata finalizar coas interpretacións da Orquestra-Banda que puxeron o colofón a unha sesión de música  que os asistentes agradeceron cos seus aplausos.