Dende a Limia
10:54 h. Viernes, 25 de Mayo de 2018

CONCERTO DIDÁCTICO DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE XINZO DE LIMIA

| 23 de Abril de 2018 (20:02 h.)

O Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia, un ano máis, organiza un Concerto Didáctico dirixido ós nenos da comarca, coa intención de dar a coñecer o traballo que desenrolamos no Conservatorio e a oferta educativa que se lles ofrece, para poder comezar nas súas vidas os sendeiros da música.

                Este Concerto Didáctico terá lugar o 27 de Abril no Salón de Actos da Casa da Cultura e Xuventude de Xinzo de Limia en dúas funcións.

O pase matutino comezará ás 11:00 h. e asistirán exclusivamente alumnado de colexios da comarca:  C.E.I.P. Carlos Casares (Xinzo de Limia), C.E.I.P. Rosalía de Castro (Xinzo de Limia), C.E.I.P. Carlos Cid Arregui (Rairiz de Veiga), C.E.I.P. de Sandiás, C.E.I.P. de Baltar e C.E.I.P. de Sarreaus.

O pase vespertino comezará ás 20:00 h. e será de entrada libre para todo aquel que desexe ver o concerto.

2.- Programa do Concerto Didáctico

                O concerto didáctico que se vai ofrecer é unha representación musical no que xurdirá una noticia sorpresa que revolucionará animadamente ós asistentes mentres se interpretan obras de diversos estilos musicais que abarcan dende o clásico ata o moderno. Utilizando os diversos instrumentos o alumnado do conservatorio interpretará obras de Berstein, Powel, Curtin, Yoshii, populares… E no remate do concerto a orquestra de música do conservatorio será a encargada de por o broche final con varias obras de distintos autores.