martes 16.07.2019

"Concilia de verán" no CDR O Viso

Dende o 1º de xullo ao 31 de agosto para nenos e nenas de 3 a 12 anos

Como cada verán, dende o C.D.R. “O Viso” levarase a cabo o programa CONCILIA DE VERÁN, dando comezo o 1 de xullo e rematando o 31 de agosto de 2019. Este programa vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade en horario de 9h a 14h. As actividades serán levadas a cabo no medio rural, en Lodoselo, onde os nenos e nenas poderán aprender, compartir e relacionarse co medio natural e coas persoas que habitan nel, co fin principal de desenvolver unha auténtica educación integral.