Dende a Limia
18:26 h. Jueves, 18 de Octubre de 2018

Contribuíndo á construcción doutro rural posible

| 02 de Octubre de 2018 (10:15 h.)

Na mañá deste último sábado de setembro no salón de actos da casa do Concello de Sarreaus convocados polos CDR(s) Portas Abertas e O Viso. Ao  longo da xornada tanto de moderadores como de público demostrouse que que se trataba de persoas, que na súa maioría, están a loitar por invertir a dinámica de despoboamento e abandono do medio rural. Persoas comprometidas que chegan a dicir que o futuro é onte, que o futuro do noso medio rural depende do que as persoas decidamos facer no presente.

Abriu a xornada  o alcalde de Sarreaus tomou a palabra para abrir a xornada, para dar a benvida a todos os presentes, agradecendo a súa presenza, para de inmediato comezar a intensa xornada coa  Presidenta de COCEDER e coordenadora de Portas Abertas, Tamara Balboa, para deixarnos a súa primeira reflexión  cando os humanos desaparecemos do territorio as outras especies resíntense.

Tocoulle a quenda a continuación ao   “mestre" de Edelmiro López Iglesias profesor da USC que nos achegou unha diagnose da realidade, as bases para unha estratexia de futuro e algunhas propostas e cuestións para o debate que continuou ata no memoneto do descanso para o café. Fíxose fincapé en que os problemas demográficos non son a orixe senón síntoma da debilidade socioeconómica, a demografía é unha expresión de factores socioeconómicos.

A segunda parte comezou coas achegas dos amigos e veciños portugueses Antonio Montalvao e Davide Teixeira, un como secretario da ADRAT (Asociación 22para o Desenvolvemento da Rexión do Alto Támega) e outro como Vicepresidente da Cámara de Montalegre; valorizando as persoas, os territorios, a gobernanza. Reclamando que nos deixen facer; poñendo enriba da mesa a problemática da propiedade, o síndrome do contrabando (negocio rápido). Asegurando que o medio rural é capaz de ofrecer alternativa a toda a poboación que hoxe vive desasosegada.

CEBADATERAPIA

Sería Juan Carlos Soto dinamizador rural en Argareal, Iniciativas Socioambientais e teniente alcalde dun pobo de Ávila con 28 habitantes o que  esplicou  o funcionamento da Escola de alcalde de Castela e León; un axitador rural que di que non fan nada, que só botan unha man... Pero descubrimos que si logran romper estereotipos e crenzas tóxicas, que teñen unha técnica que funciona (a cebadaterapia), que os move o convencemento de que todo o que sexa emocionante funciona...

A XENTE VAISE DO RURAL PORQUE NOS BOTAN

Remataronse  as testemuñas con David e Ramón de Rebordechán, Crecente (Tempo da Aldea) e José M. Cófreces (ADR Montederramo e Castro Caldelas).Os primeiros recordaron o seu convencemento de que a xente vaise do rural porque nos botan, que os que estamos en perigo de extinción no medio rural somos os que vivmos nel... o segundo (vallisoletano que "resucitou" Tronceda, Castro Caldelas) retomou o tema da economía para dicir que é unha ferramenta de transformación social. Que os que quedamos no rural estorbamos á economía de mercado e que hai outras economías alternativas; falouse da economía sumerxida e da economía do posible.