Dende a Limia
08:24 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

DINAMIZACIÓN DAS PERSOAS MAIORES DO RURAL

| 08 de Septiembre de 2017 (17:21 h.)

Un colectivo de persoas que asisten asiduamente aos cursos que ofrece a asociación aproveitaron o bo tempo para facer visitas a lugares de interese na súa zona de influencia. Os participantes de entre 50 e 85 anos  visitaron o Festival de Xardíns de Allariz, que este ano están dedicados a memoria, así como o museo do xoguete na mesma localidade.

Centro Interpretacion Lagoa AntelaSandiás

Outra das súas visitas foi o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela en Sandias, así como unha andaina dende Arnuide ós Milagros.

Todas estas actividades englobadas nas actividades culturais e recreativas pretenden impulsar a  integración destas persoas  na sociedade actual, sendo participativas e dinámicas. O financiamento ,  corre a cargo da Deputación Provincial ademais de entidades públicas e privadas dos lugares que visitaron.