Dende a Limia
02:13 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

Elixio Rivas xa ten o premio Pedra Alta

| 26 de Noviembre de 2017 (18:46 h.)

Co salón de actos da consistorial de Vilar de Santos repleto de amigos tanto do galardoado como do propio museo, anfitrión neste caso, Elixio Rivas recibiu o galardón Pedra Alta instaurado polo museo.

Tomou a palabra o alcalde de Vilar de Santos, como presidente de honra do museo, para agradecer a presenza de todos, así como a dos alcaldes de Sandiás e Xunqueira e a representación da Deputación Provincial e do Xacobeo.  Agradeceu a presenza tamén dos autores da obra en pedra, o escultor limián Xose Lois Carreira e os deseñadores do diploma Lola Pelaez e Manuel Seoane

IMG_4438A continuación tomou a palabra o Presidente do Museo da Limia Delfín Caseiro, que dedicou a súa intervención a falar sobre a institución do premio Pedra Alta, que segundo el podería recibir todos os anos seguidos o galardoado co primeiro, polos traballos realizados por Elixio Rivas durante toda a súa carreira.

AMPLÍSIMA TRAXECTORIA PROFESIONAL A CARÓN DO ESTUDO DE GALICIA E SOBRE TODO DA LIMIA EN FACETAS TAN DISTINTAS COMO XEOGRÁFICA, LINGÜÍSTICA E DE COSTUMES.

Mais de 60 son as obras publicadas por Elixio Rivas entre as que se encontra A Limia,que solo ela debería ser estudada polos alumnos da Limia, como materia obrigatoria.

O galardoado fixo todas esas publicacións en disciplinas tan dispares como a Filoloxía, Onomástica, Toponímia, Etnografía , Historia do Arte  e Lexicografía ,dentro desta última   destaca a súa primeira obra  FRAMPAS, no que se recollen 16.000 palabras inéditas da linguaxe da nosa terra, publicada no 1977.

LAUDATIO DO HOMENAXEADO

IMG_4434José A. Quintas amigo  do autor, foi o encargado de facer a “laudatio” do personaxe que momentos antes recibiu das mans do Presidente e Secretaria do padroado do Museo da Limia da estatua que é a representación da Pedra Alta da Limia, feito polo escultor Xosé Lois Carreira .

José A. Quintas fixo primeiro un percorrido polas vivencias do galardoado dende os primeiros anos de vida na súa aldea de Fondo de Vila  , no concello de Xunqueira de Ambía ata que ingresa por primeira vez nos Paules dos Milagros, para percorrer varias cidades como Madrid e Santiago e países como Reino Unido e Cuba, de  onde foi expulsado pola revolución castrista. Destacou os anos nos que o homenaxeado pasou en Marín, lugar no que hoxe en día ten unha morea de admiradores e un gran recoñecemento público. Foi tamén profesor nos campus universitarios de Lugo e Ourense .Entre outras cuestión destacadas figura a de ser o fundador e Presidente dos Amigos do Camiño de Santiago, do cal se fartou de escribir e falar, antes que ninguén fixera caso do futuro, xa demostrado, que ten este camiño.

IMG_4455Moitas foron as anécdotas intimas e persoais que amosou o seu narrador entre as que podíamos destacar unha viaxe en autobús ata un congreso en Sevilla no que no camiño quedo usen dentadura por mor dunha comida que non lle sentou moi ben. Tamén contou unha viacrucis feito en Inglaterra despois de rematada a segunda guerra na que despois de percorrer cunhas alpargatas 14 días o percorrido viacrucis, algún dos quilómetros do mesmo cunha cruz de 100Kg enchéronselle os pes de ampolas, que rematou con elas batendo cos pes descalzos contra o chan e rebentándoas todas.

Dixo que non coñecera na súa vida unha persoa tan sufrida con Elixio, da que nunca viu unha queixa por ningunha situación física adversa, nin  de outra clase.