Dende a Limia
12:59 h. Viernes, 28 de Julio de 2017

Elvira segue cumprindo anos e van… 105

| 02 de Julio de 2017 (22:13 h.)

Elvira Tombo García segue a cumprir anos rodeada dos seus. 4 fillos 7 netos 10 bisnetos e 4 tataranetos. Non puideron estar todos presentes  na celebración que se levou a cabo nun restaurante da localidade aínda que si o fixeron todos os fillos e os 4 tataranetos. Entre eles Pablo, con so uns meses de idade.

Tarta e velas as cales axudaron a soprar dous invitados de honra, cales eran os dous párrocos da parroquia, Jaime e Tomas que desta maneira quixeron  homenaxear a ferigresa que máis misas asistiu da parroquia.

Ata fai uns meses facíao diariamente, pero agora solo asiste os domingos.

CHUPITO DE HERBAS E SESTA

283Elvira segue comendo de todo, segundo nos conta unha das súas netas, e non perdoa o chupito de licor de herbas despois da comida de mediodía. Segue a subir ela sola as escaleiras da casa ata o primeiro piso e tampouco deixa que ninguén lle faga a súa cama.

Parabéns  a unha das avoas do Concello e felicidades a toda a súa familia.