Dende a Limia
02:13 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

Entrega do Premio Pedra Alta no museo da Limia

| 23 de Noviembre de 2017 (20:36 h.)

O sábado día 25 de novembro, ás 12:00 horas, no salón multiusos do concello de Vilar de Santos, terá lugar o acto solemne da entrega do Premio Pedra Alta de 2017 a don Elixio Rivas Quintas.

No acto intervirán ,  Xan Jardón Pedras (Alcalde do concello de Vilar de Santos e presidente de Honra do Museo da Limia); Delfín Caseiro Nogueiras (Presidente do Padroado do Museo da Limia); José Antonio Quintas Vázquez (que fará a loanza do homenaxeado); e o propio don Elixio Rivas Quintas (quen disertará sobre varios aspectos históricos da Limia).

O acto terá tamén a actuación do afamado tenor Baldomero Pavón, acompañado polo non menos afamado acordeonista internacional Luís Humberto Cao, que porán a parte musical do acto ao seu inicio e ao final do mesmo.