Dende a Limia
12:00 h. Miércoles, 23 de Agosto de 2017

A Escola Rural de Saúde dá Limia, segue a impartir cursos sobre a “vida saudable”

| 21 de Julio de 2017 (22:06 h.)

Pablo G. Vivanco, Licenciado en Farmacia e Máster en Nutrición foi o encargado da charla aos veciños de Porqueira sobre  os hábitos de vida saudable, para demostrar que ademais dos hábitos de de alimentación saudable  ademais do fenotipo e do xenotipo  inflúen decisivamente na lonxevidade .

327

 

Colesterol, glicosa, tensión e saturación de osíxeno en sangue.

Ademais  da charla orientativa e formativa  a tódolos presentes tamén se realizou unha parte práctica no que  fixeron controis de parámetros importantes para a saúde como son  a medición de diferentes parámetros, como o colesterol, glicosa, tensión e saturación de osíxeno en sangue.

A tarde finalizou cunha merenda saudable con produtos achegados polos propios participantes, na que, como noutras ocasións, Coren colaborou con produtos autóctonos e na que a Asociación de Veciños Virxen dá Saúde e voluntarios fan posible o labor da Escola Rural de Saúde, promovendo a dinamización do rural así como a saúde social, que xunto coa saúde física e mental son a tríade que conforma o benestar das persoas de acordo ás condicións da contorna no que viven.