Dende a Limia
00:13 h. Domingo, 16 de Diciembre de 2018

Exposición fotográfica “Mulleres con historia”, na Casa da Cultura de Xinzo

| 29 de Noviembre de 2018 (20:08 h.)

Mañá venres 30 de Outubro ás 20.30 terá lugar na Casa da Cultura de Xinzo de Limia a presentación da Exposición Fotográfica “Mulleres con historia”, uha exposición na que a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) pretende visibilizar ÁS MULLERES: ás que fixeron historia, e tamén aquelas que fan historia todos os días, con pequenas accións: xuntándose, compartindo, traballando, querendo…. xuntándonos, compartindo, mostrando, traballando, queréndonos… Mulleres do pasado, do presente o do futuro.

Para amosar esto, pensamos que unha imaxe vale máis que mil palabras, e fixemos dous proxectos fotográficos:

  • EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

IMG_20181129_112758A exposición fotográfica pretende visibilizar a mulleres que fixeron historia pero que, debido ao modelo patriarcal no que vivimos, quedaron invisibilizadas.

Para elo, mulleres anónimas fixeron de modelos, copiando á “muller orixinal”. Na exposición aparecen 23 fotos de mulleres facendo de: Frida Kalho, Jane Goodall, Malala, Amelia Earhart, María Montessori, Simone de Beauvoir, Coco Chanel

Pero como non queremos esquecer as mulleres anónimas nin ás súas cualidades, fixemos un vídeo (e tamén aparecerán na mostra fotográfica) no que cada modelo ten escrita unha o varias palabras positivas  coas que se identifican.

Participaron 25 mulleres con idades comprendidas entre os 7 e os 45 anos.

  • CALENDARIO DE ASOCIACIÓNS

No calendario participan un total de 12 asocacións que se prestaron voluntariamente a participar. En cada mes, unha asociación forma, cos seus corpos, unha palabra relacionada coa igualdade e coa traxectoria de FEmuro: 20 anos, xuntas, activas, empoderadas, valentes…

 

A finalidade do calendario e que as nosas mulleres sexan partícipes dun calendario feminista, divertido, orixinal, que o mostren orgullosas, e sobre todo que o vendan. Os beneficios recadados do calendario irán, unha parte para Femuro,  con fins solidarios, e outra parte para as asociacións que participaron nel, conseguindo así uns pequenos fondos para as súas actividades.