Dende a Limia
03:18 h. Lunes, 10 de Diciembre de 2018

Feira de oportunidades ,Prolimia

| 12 de Junio de 2018 (23:00 h.)

A primeira feira do comercio da Limia, organizada por ProLimia, xa ten nome,  data e lugar de celebración. Será o fin de semana do 11 e 12 de agosto e levarase a cabo no parque do Toural cunhas estruturas sinxelas, porque o importante segundo os asistentes a reunión convocada na tarde noite de hoxe mércores, o importante é o que cada un leve para desfacerse de stoks.

MAIS DE 20 COMERCIOS E EMPRESAS

A día de hoxe xa son máis de vinte tendas e empresas de servizos as que confirmaron a súa asistencia, practicamente sen darse moito a coñecer o certame. Segundo a xunta directiva con este número de expositores, xa se pode facer unha boa feira, representativa do comercio da Limia.

DESFILES E ANIMACIÓN

Pero a feira  non solo haberá comercio, se non que se está a por en marcha tamén desfiles de moda, así como moitos actos de animación para rapaces.

Na reunión desta tarde tamén quedaron formadas algunhas comisións que levarán a cabo os outros traballos que todo evento deste tipo leva consigo.

PREZOS ECONÓMICOS

Os organizadores esperan poder poñer a infraestrutura, con pequenos toldos e telas a un prezo de entre 30 e 60 €.