Dende a Limia
04:57 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

“II XORNADA DE CONVIVENCIA PARA VOLUNTARIADO”

| 10 de Septiembre de 2018 (18:48 h.)

Dende o C.D.R. “O Viso” informamos de que o vindeiro sábado 15 de setembro en horario de mañá reeditaremos a “II Xornada de convivencia para voluntariado” nas instalacións de Lodoselo.

Para a xornada convidouse a voluntariado e profesionais das entidades sociais da Comarca da Limia, entre as que destacan, LIMISI Diversidade Intelectual e Cruz Vermella Xinzo. Tamén poden acudir por primeira vez aquelas persoas que desexen coñecer os nosos proxectos e teñan iniciativa de participar nalgún deles.

Pretendemos que sexa un encontro que permita afianzar sinerxias na coordinación entre entidades sociais e se poña en valor a figura do voluntariado que permite que moitas das nosas actuacións saian adiante.

Cremos que a mellor maneira de facelo é vivenciando certas costumes do rural que van esmorecendo como facelo pan ou compartir uns xogos tradicionais. O encontro rematará cun xantar de confraternidade no Comedor Social de Lodoselo. Para participar é requisito inscrición previa nas Oficinas do CIX da Limia ubicadas na Praza Maior, 1 – 1º A –C ou contactando no 988461571.

A xornada comezará a iso das 10:00hs e facilitaremos o desprazamento para aquelas persoas que o precisen.