martes 16.07.2019

LIMISI, triúnfa no teatro

O “elenco” de actores  fixo deleitar a todo o público

1

Onte foi o día no que os membros da asociación LIMISI se subiron ao escenario do auditorio da Casa da Cultura para tratar de transmitir coa obra PONTE NO MEU LUGAR a situación na que nos podemos atopar calquera persoa “diferente” na sociedade na que estamos.

Cada vez que individualmente ou en grupo saían ao escenario eran recibidos e despedidos con fortes aplausos polo público asistente, que case encheu o auditorio, totalmente entregados.

Entre o público estaba tamén nun lugar discreto,  a alcaldesa Elvira lama e o Concelleiro de Cultura Ramiro Rodríguez.

LIMISI3LIMISI2LIMISI1