Dende a Limia
06:02 h. Jueves, 26 de Abril de 2018

MEDIO AMBIENTE ORGANIZARÁ TALLERES PARA SENSIBILIZAR E INCREMENTAR O COÑECEMENTO DOS VALORES DA RESERVA DA BIOSFERA TRANSFRONTEIRIZA GERÊS-XURÉS

| 19 de Marzo de 2018 (21:20 h.)

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio licita hoxe no Diario Oficial de Galicia un contrato para a organización de actividades que incrementen o coñecemento e a sensibilización da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés, por máis de 90.000 euros.

Cómpre lembrar que a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês- Xurés (RBTGX) é o único espazo natural protexido con carácter transnacional na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, polo que a cooperación transfronteiriza se revela nunha obriga para a sùa xestión, dinamización e posta en valor.

Nese sentido, o obxecto do contrato licitado hoxe é a realización de actividades no ámbito da poboación local e cos distintos axentes dinamizadores da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, para incrementar o coñecemento e a sensibilización cos esta Reserva, acerca dos seus valores naturais e patrimoniais, así como das funcións propias das reservas da biosfera, como motor de promoción e desenvolvemento económico da zona potenciando os seus produtos locais e resaltando a importancia que ten o home no medio.

As actividades que se levarán a cabo consistirán na organización de talleres de sensibilización da poboación local, así como o desenvolvemento de cursos de capacitación da poboación local e distintos axentes sociais dinamizadores e de xornadas sobre o patrimonio cultural e inmaterial da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerés-Xurés (RBTGX).

Estas actuacións forman parte das iniciativas postas en marcha dentro do proxecto Gerês-Xurés Dinámico, cuxo principal obxectivo é fortalecer a entidade e identidade propia da RBTGX mediante o fomento da participación activa dos actores do territorio , a promoción do seu desenvolvemento económico e turístico sostible e a protección e conservación do seu patrimonio natural e cultural.