Dende a Limia
09:10 h. Viernes, 25 de Mayo de 2018

Membros de Algaria fan un curso de pintura

| 01 de Mayo de 2018 (10:50 h.)

Varias son as actividades que ao longo do ano realizan os membros de ALGARIA  (Asociación de persoas con discapacidade física principalmente ).

Tamén están realizando outro día da semana un taller de cerámica.

Algaria naceu  no ano 2010 co fin de dar resposta ás necesidades do colectivo de persoas con discapacidade física e outro tipo de discapacidades en Xinzo e a comarca.

Hai membros de Xinzo, Baltar e Vilar de Santos e esperan que pouco a pouco se sumen non so socios adscritos de outros concellos, se non tamén socios colaboradores.

ROTEIRO O MÉRCORES A TARDE POR XINZO

   222             O mércores pola tarde de 3 a 6 farán un percorrido polas principais rúas de Xinzo para dar a coñecer aos veciños, e sobre todo aos políticos todos os atrancos que se encontran a cotío na súa vida diaria, tanto de traballo como de lecer.

Comentan que as veces son pequenas cousas que con pouco custe farían a súa vida mais  sinxela. Por por un exemplo, decían que no Museo do Entroido , si hai ascensor, pero non hai un timbre a altura dunha cadeira de rodas que poidan accionar, para que veñan de dentro a por en marcha o ascensor, co cual, todo moi ben, pero de imposible acceso.