Dende a Limia
00:15 h. Domingo, 16 de Diciembre de 2018

MULLERES CON HISTORIA-Mulleres do pasado presente e do futuro

| 02 de Diciembre de 2018 (01:38 h.)

25 mulleres de hoxe que representan a 25 mulleres que xa son historia. Algunhas desas mulleres aínda están vivas.

Cada unha das 25  mulleres que quixeron participar neste proxecto, escolleron a outra muller coa se sentiron identificadas. De todas as que escolleron, nesta ocasión solo hai dúas que son galegas, as irmás Touza. Grazas a elas  entre os anos 41 e 45  puideron fuxir do holocausto nazi máis de cincocentas persoas, pola ruta que elas  abriron cara a Portugal por Ribadavia. De feito a estación de tren de Ribadavia coñecíase co nome de “estación da liberdade”.

IMG_7531

Vanesa, Isabel, Noa, Mila, Cristina Benigna , Beatriz, Rocio e a nena Xiana, son as limiáns que forman parte do elenco de mulleres que escolleren a súa “heroína” para representalas na exposición.

Unha vez escollida a muller a quen querían representar, polos feitos que cada unha delas quixo destacar, pasouse as sesións de caracterización, nun salón de beleza de Verín.

Rematada a caracterización foi outro limián, Boris, o que se encargou de facer as fotografías para que cada unha delas se parecerá o máximo posible a muller que escolleron.

HEDY LAMARR (1941-2000)

IMG_7554Cristina Fuertes, nai de Xiana pasou todo o verán pasado lendo coa súa filla biografías de mulleres importantes ao longo da historia. Contou Cristina que en canto coñeceu a historia de Hedy Lamarr (actriz de cine e inventora austríaca), non a deixou en paz ata saber mais e mais sobre a súa vida. Hedy é considerada polos seus descubrimentos como a que descubriu a base do que hoxe en día é a WIFI, sen a cal, xa nos parece imposible poder vivir.

Cristina escolleu representar a Matemática, investigadora e profesora iraniana Maryam Mirzakhami.  Comentaron ambalas dúas que o pasaron extraordinariamente ben e séntense moi orgullosas de conseguir que grazas a elas e a esta exposición estas dúas mulleres teñan hoxe máis visibilidade que antes.

Outra das limiáns escolleu representar a Valentina Tereshkova, cosmonauta, enxeñeira e política rusa.

Calendario con fins solidarios

Ademais da exposición, varias asociacións de mulleres  entre as que se encontran as de Mulleres rurais de SARREAUS , colaboraron para facer un calendario  con fins sociais no que o conxunto de mulleres e cunha  fotografía aérea logran facer palabras femininas  todas elas que representan valores positivos e visibles  como son as de VALENTES;FORTES; CREATIVAS;INDEPENDENTES; PERSEVERANTES; XENUÍNAS; MULLERES; RURAIS OU FELICES.