Sábado 16.02.2019

Novos obradoiros da Escola de Saúde da Limia

Curso de habilidades sociais

Comezarán o 21 de xaneiro e rematarán o seis de febreiro. Haberá 5 xornadas nas que tratarán temas como “Da emoción a reflexión”; “como recoñecer as emocións” entre outros.

As clases estarán impartidas por Carlos A. Martí e Elsa Cabrera Mandianes.

O horario será sempre de 17 a 20 horas na sede da asociación na Casa da Cultura de Xinzo e poderase inscribir calquera persoa previo pago de 2 € por día.