Dende a Limia
23:33 h. Jueves, 19 de Julio de 2018

Outra veciña centenaria en Xinzo

| 09 de Abril de 2018 (20:59 h.)

Esta tarde ás 16.30 celebrouse na residencia de Xinzo de Limia, o aniversario de Raquel Noveiras, nada o 7 de abril de 1918. Entre flores e tarta, a muller centenaria disfrutou no día  do seu cen aniversario. O concello de Xinzo quixo estar presente nesta efeméride e puido comprobar a felicidade e lucidez desta muller, veciña do pobo desde fai varios anos.

         A Raquel gústalle ser unha muller activa e informada, ata tal punto que di preferir ler o xornal a almorzar. Deleitou  aos presentes recitando, de memoria, dous poemas e contando historias sobre a súa mocidade: “Eu era moi presumida. Gustábame camiñar pola rúa do paseo de arriba a abaixo porque era moi coqueta”.
Como puidemos comprobar, ela aínda segue mantendo ese espírito novo e ese coidado pola súa imaxe persoal.