lunes 26.08.2019

Penultima asemblea xeral do ESQUECEMENTO 2019

Un día máis de festa, 22,23,24 e 25 de agosto

Penultima asemblea xeral do ESQUECEMENTO 2019

Os socios de Civitas Limicorum celebraron na tarde de onte a penultima asemblea xeral, na que se lles presentou a todos o cartel da edición 2019 que hoxe mesmo comezarán a publicar nas redes sociais e na que se anunciou o programa, aínda sen pechar ao 100%,  da festa deste ano que como unha das novidades máis importantes será a de que haberá un día máis de festa, comezando o xoves 22 e rematando o 25 de agosto.

IMG_20190716_204308

Os socios deron por bo o programa e convocaronse outra vez para o día 30 data da recollida da cuota que este ano será de 20 € máis a fianza que tódolos membros dos grupos participantes teñen que depositar e que se lles devolverá se non hai ningunha incidencia durante os días que dure a festa.

Como novidades que irán publicando  é o incremento de concertos durante os días da festa.