Martes 18.06.2019

Os positivos de alcoholemia nos homes supón o 89,94%

A maior porcentaxe de positivos está nos tramos de idade de 55 a 64 anos

control-alcoholemia
control-alcoholemia

O subdelegado de goberno en Ourense, Emilio González Afonso considera fundamental o labor de control de alcoholemia por parte de Tráfico, para evitar traxedias ao volante. Dos datos obtidos destacan que, de 12.408 probas realizadas, un total de 169 deron positivo. A porcentaxe de probas positivo segundo o sexo, determina que un 89,94% son homes e as 10,06% mulleres. Dos datos extraídos segundo o tramo de idade, conclúese que o tramo de idade máis infractor é o de 55 a 64 anos, e o que menos positivos dá é o de 75 a 84 anos. O subdelegado de Goberno en Ourense, considera que aínda que, a porcentaxe de infractores reduciuse substancialmente, segue sendo un tema clave, o labor de prevención para que algún día cheguemos ao consumo cero de alcol en estradas.

De 12.408 probas realizadas, un total de 169 deron positivo.Os datos corresponden á campaña do pasado mes de marzo por parte de Tráfico