miércoles 23.10.2019

O premio da 4º edición do Bosque Máxico foi entregado a Pedro Araujo Nespeira

O decano da facultade de ciencias de Ourense recibiu a escultura da man do seu autor e da alcaldesa de Lobios

Esta tarde, as 20h, tivo lugar no museo municipal de Ourense a 4º edición do Bosque Máxico. O premio foille entregado a Pedro Araujo Nespeira, decano da facultade de ciencias da universidade de Vigo no campus de Ourense.

O premio foi entregado pola alcaldesa de Lobios, Mª Carmen Yáñez, e polo presidente do Bosque Máxico, Antonio Montero. Ademais, o acto contou coa presenza do alcalde de Celanova, Xosé Luis Ferro, o Doutor Míguez e Francisco Javier Soto.

A apertura da ponencia veu da mao de Antonio Montero que, ademais de presentar o acto, tamén presentou a cada un dos asistentes. A continuación, o Doutor Míguez falou da importancia das augas termais ourensás. Na época romana estas augas eran o único remedio que tiñan para curar as enfermidades. Hoxe en día sigue sendo así aínda que temos máis coñecementos sobre a materia. Cada vez existen máis enfermidades crónicas ás que se lle recomendan esta auga con poder curativo.

Francisco Javier Soto foi o segundo en dar o seu punto de vista. Para el, esta industria divídese fundamentalmente tres parte: en primeiro lugar no ámbito sanitario, en segundo lugar no turístico e por ultimo nos recursos posto que estamos explotando un recurso natural, que é a clave máis importante na nosa actividade. Sen embargo, para poder desenvolver da mellor maneira calquera actividade é fundamental ter todo o coñecemento que se poida sobre ela. Por esta razón, Francisco Javier explicaba que “un montón de xente xerou ese coñecemento”. En base a isto, surxiron as normas de cómo explotar de maneira sostible estes acuíferos posto que se necesita coidar do medio ambiente para poder extraelo.

A continuación, José Luis Ferro falou como alcalde de Celanova para matizar que a filosofía do concello é apoiar todas as iniciativas culturais. “Celanova e a Baixa Limia seguen colaborando para fomentar e crear riqueza para que o termalismo siga avanzando”. En resposta a estas declaracións, Mª Carmen Yáñez, alcaldesa de Lobios e tamén Presidenta das Vilas Termais, añade que “sen auga non hai nada” e alaga a Toño porque “é unha persoa que cree no que fai”. Ademais, compre recalcar que este galardón cada vez conta con máis prestixio.

Por ultimo, pero non por eso o menos importante, é o turno de Pedro Araujo Nespeira, quen recibiu o premio da alcaldesa. Despois de ser felicitado por todos os asistentes non lle quedou máis que dar as grazas a todos o que o axudaron, o apoiaron e o felicitaron. E, sobre todo, ao seu equipo da facultade de ciencias de Ourense do que se sinte especialmente orgulloso.

Comentarios