Dende a Limia
05:18 h. Sábado, 16 de Diciembre de 2017

Pro Limia vestiuse de longo

| 06 de Octubre de 2017 (22:48 h.)

Nun salón de actos da Casa de Cultura ateigada de comerciantes e empresarios da Limia en número nunca imaxinable de case douscentos  aprobáronse os estatutos da nova asociación de empresas e comercios da Limia.

Pro LimiaA asemblea xeral constituinte a xunta directiva que estivo funcionando ata agora, e seguirá, non en función, se non xa como electa recibiu o respaldo de case duascentas persoas que xa asinaron a súa pertenza a esta nova asociación, ademais de aprobar unha cota anual de 30 €.

A presidenta da xestora Teresa Martínez, que despois xa se confirmou no seu cargo fixo a presentación de Logo e de slogan da asociación.

“Pro”, quere representar o positivo desta nova asociación que naceu cun espritu positivista , sen prexuízos nin condicionantes políticos.  Tamén é un proxecto ilusiónante e integrador na que todos poden formar parte, sen distinción , de todos os comerciantes e empresarios do comercio, hostalaría, industria e servizos.

Unha visión PRO no NOSO… somos moitos, somos fortes, somos importantes e si estamos xuntos podemos conseguir o que nos propoñamos

PRESENTACIÓN DE PROXECTOS INMEDIATOS

453

Os e as vicepresidentas sectoriais foron presentando as accións sectoriais a curto e medio prazo, así como as campañas de fomento do consumo local en cada un dos sectores que atinxen.

Tamén se explicou e aprobou o método  e procedemento de inscrición para os novos socios así como a cota anual que se empezará a abonar no ano 2018.