Dende a Limia
11:58 h. Miércoles, 23 de Agosto de 2017

O PROBLEMA NON É O VALOR REAL DO GASÓLEO

| 27 de Julio de 2017 (23:14 h.)
Amador Díaz Penín
Amador Díaz Penín

Postos a fala con Amador, presente tamén na reunión comenta que nestes casos o problema para nos non é o valor real do gasóleo, aínda que para “eles” o valor e o dobre que a nos.  O problema é que cando rouban o gasóleo o agricultor non sabe cantas horas estivo regando, e iso é moi importante.  Se os cálculos son que con un pozo podemos regar 7/8  Hta.

 Temos que saber canta auga chegou as patacas, neste caso. Nin por regar moito, nin por pouco. Ese é realmente o problema. Para facer fronte a estas cuestións  estamos instalando pluviómetros para controlaro caudal de auga que chegou a terra.

Este problema de roubos levámolos sufrindo xa fai mais dun mes. Agradecemos a colaboración da Garda Civil dende que tivo constancia destes problemas así como da Policía Local que están coordinados, pero sabemos que é moi difícil. “eles” contrólannos a nos e os efectivos, e a Limia é moi grande.