Dende a Limia
04:03 h. Martes, 26 de Septiembre de 2017

En Rairiz de Veiga aumentou a natalidade un 400% no ano 16

| 31 de Agosto de 2017 (18:11 h.)

En total nos municipios que compoñen a Limia a natalidade no ano 16 con respecto ao 15 descendeu en 19 nacementos menos. No cómputo  xeral o descenso sería dun 16%.

Como podemos apreciar no cadro a estatística, aínda que sexa unha ciencia exacta, as veces danos uns datos que nos poden levar a confusión.

RAIRIZ  sobe un 400%

Estatisticamente Rairiz de Veiga batería o record  cunha taxa de nacemento do 15 ao 16 de un 400% positiva, pero a realidade é que no seu concello so naceron 5 rapaces, rapazas no ano 2016.

Polo contrario Calvos de Randín so naceu un neno, nena mentres que no ano anterior foron tres os nacementos.

Sarreaus e Vilar de Barrio non tiveron alteracións nacendo o mesmo número no 15 e no 16. Dous e tres criaturas respectivamente.

Loxicamente Xinzo e o concello onde mais rapaces e rapazas nacen, aínda que no 16 descendeu o número en 15, pasando de 78 nacementos no 15 a 63 no 16.