Sábado 23.03.2019

Reabre un local de hostalaría en Xinzo

A nova denominación xa di moito do lugar de procedencia: ”Couto Mixto”

Moitos veciños e veciñas de Xinzo e sobre todo do concello limítrofe de Baltar encabezados polo seu alcalde José Antonio déronse cita esta tarde noite na apertura dun local de hostalaría rexentado nesta ocasión por una veciña de Baltar e que de momento non se dedicará a dar comidas, cousa que deixan para máis adiante.

Ata o local sito na rúa Celso Emilio Ferreiro achegáronse membros do grupo de gaitas de Baltar para poñer o son.

Sempre é doado nestes tempos dar  una noticia dun local que se abre e non o contrario.