Dende a Limia
02:22 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

Os regantes da Limia visitarán regadíos en Castilla y León

| 07 de Agosto de 2017 (21:04 h.)

As novas comunidades de regantes da comarca da Limia ; Lamas-Ganade; Corno do Monte e a de S. Salvador de Sabucedo realizarán un viaxe-estudio a comunidades de regantes recentemente modernizadas nas provincias de León e Zamora.

OBXECTIVOS COMÚNS

A viaxe organizada polo CTC (Centro Tecnolóxico da Carne) ten como obxectivos o formar ós novos comuneiros na xestión das comunidades de regantes, vendo in situ novos sistemas de rego, como por exemplo pivots, rego por goteo ou cobertura total enterrada.

O financiamento da viaxe ven da man da Consellería de Medio Rural. A asociación que os recibirá será “Ferduero” en Hospital de Órbigo ademais de tres visitas as instalación de comunidades de regantes do Canal do Páramo. A visita completarase coa visita a provedores dos sistemas de rego.