Sábado 19.01.2019

A rúa opina sobre a noticia do ano e século para a Limia

Merece Franco ser enterrado no Mosteiro de Trandeiras?

Laura Seara.- ( Espazo Común) : “ Por fin despois de tanto marear a perdiz, dende fai anos, con sonoros anuncios de actuacións e usos por parte do Concello, xa temos algo Laura Searasobre a mesa; mellor dito baixo terra. A Proposición non de Lei que presentei no Congreso no 2.015, deu os seus froitos”

Amigos do Mosteiro.- (Agrupación Limia encabezada por Xermán Estévez ) : “Tras meses de duros traballos , conseguimos do Goberno central unha petición que lle faciamos en septembro á Dirección Xeral de Patrimonio da Conselleria de Cultura: que os restos do Mosteiro de Trandeiras fosen declarados como BIC (Benvido Ilustre Caudillo)”

Xoan Xosé Jardón.- (Alcalde de Vilar de Santos) : “ A Don Francisco a comarca da Limia débelle o seu esplendor económico e que nos librase do IMG_7685paludismo. Tamén é certo que as samesugas, que antes da década dos 60 chegaron a ser a principal exportación da Limia pola presenza da Lagoa, desapareceron destes lares. Pero bueno ….quedou o Ministerio de Facenda”.

Comunidade Marroquí da Limia.-(Rúa de Madrid sentido Porto Alto): “ Moi contentos por esta nova. A Garda Mora sempre estivo en estreita relación co Xeneral Franco. Onte xa recibiamos a comunicación da Ministra de Defensa de se estábamos en disposición de custodiar o Mosteiro, afincando un campamento na Torre de Pena. Estamos seguros de  que a próxima edición da Romaría da Saínza gañámola”.

José Emilio Casal Selas .- (Abade de Vilar de Santos e intermediario apóstolico Cataluña resto de España): Como membro da Sagrada Congregación da Evanxelización dos Emilio CasalPobos , neste intre non pode atendernos por atoparse presente na cidade condal . Foi tal o rebote que colleu a Alcaldesa de Barcelona Ada Colau, por non levar o Goberno central os restos de Franco para o Templo da Sagrada Familia, que se fixo necesaria a presenza dun representante do Vaticano.

Isidoro Sánchez Blanco .- (Concelleiro de Xinzo e partícipe con Franco no desembarco de Alhucemas en 1.925): Estamos a espera da súa opinión posto que neste momento IMG_0027está inaugurando unha pista de padel en Cima de Ribeira .

Padre Carballo.-( Arcebispo de Lodoselo ): “ Costounos traer os restos para Trandeiras. O que máis nos favoreceu foi o ter sido un convento franciscano. E carballo-vaticano--644x362agora ca chegada dos restos de Don Francisco volverá selo. Felicito a Monseñor José Leonardo por nomear ó ínclito Don Jaime como abade do mosteiro. A súa experiencia como capellán militar na Base Naval Extremeña de Menacho , abordo do buque A-31 Malaspina, reafirma a súa valía e as súas dotes extratéxicas . Quédalle unha misión non demasiado doada. Terá que lidiar cas institucións políticas , ca Garda Mora e cos visitantes”.

ADEGAL.- (Asociación de Empresarios, Gandeiros, e Agricultores da Limia): “Vemos con bos ollos está decisión . Moi contentos ca presenza dos restos de Franco, por fin ADEGALseremos unha zona franca. Xa era hora de que a Limia estivese libre dos excesivos trabucos que levamos pagando o Tesouro Público.