Dende a Limia
16:36 h. Lunes, 22 de Octubre de 2018

S.Pedro de Laroá; Solveira e Morgade acolleran refuxiados

| 11 de Mayo de 2018 (19:55 h.)

O proxecto piloto para acoller refuixados en casas rectorais da provincia e insertalos laboralmente na agricultura e gandería ecolóxicas vai avanzando pouco a pouco. Membros de Arquitectos Sin Fronteiras, Accem (ONG que trabala con refuxiados), os alcaldes de Xinzo e Monterrei e membros do Obispado de Ourense visitaron onte catro casas que contemplan que serán as primeiras onde se podería ubicar estas persoas a finais de 2018 ou principios de 2019.

Son casas da rectoral de Vilaza, no concello de Monterrei e tres casas rectorais que se atopan no concello de Xinzo de Limia: unha en San Pedro de Laroá, en Solveira de San Pedro e a derradeira na parroquia de Santo Tomás de Morgade.

O obxectivo unha vez as familias entren nestas casas é que se complenten as tres fases durante un ano e medio, para que despois sexan totalmente autónomos e pasar a vivir nun entorno rural. Sin embargo, o proxecto destaca que se espera que moitos xa poidan ser autónomos durante os primeiros 12 meses.

A selección dos recursos de aloxamento que empezou onte trátase do primeiro punto da primeira fase do proxecto de integración, o que aínda lle quedan moitos cabos por atar. Durante o transcurso deste ano seguirase un esquema por pasos entre os que se atopan elementos clave como definir os proxectos productivos, a selección de terreos, cerrar unha serie de acordos comerciais, executar as obras de rehabilitación, seleccionar os beneficiarios.

Unha vez completada esta fase, as entidades implicadas no proxeto inciarán un programa de integración cos veciños de cada municipio, tendo en conta que un dos principais puntos tratados nas reuinións son as diferenzas que poidan surxir. Todo isto esperase ter rematdo en 2018, para que en 2019 empeze a búsqueda de vivendas nos municipios, onde os refuxiados poderán continuar as suas vidas unha vez que completen os itinerarios previstos.