lunes 26.08.2019
Datos suministrados por ADEGAL

O sector primario xera directamente o 20% da riqueza da comarca A Limia

Agricultura e gandeiría representan a quinta parte dos afiliados totais á Seguridade Social na comarca

O sector primario xera directamente o 20% da riqueza da comarca A Limia

A comarca da Limia é unha zona de intensa vocación agraria na que os sectores agrícola e gandeiro xeran un  tecido empresarial  que repercute de xeito vinculante e moi positivo no sector servizos. Por iso, desde Adegal sempre traballamos e así o continuamos a facer, para promover unha agricultura e gandeiría sostibles, sempre co máximo respecto ao entorno, co fin de garantizar o futuro na nosa comarca.

foto limia 1

Os datos amosan a importancia o sector primario na zona, que xera de modo directo o 20,4% da actividade económica da comarca. E, de modo indirecto, repercute no resto de actividades, en particular no comercio, que supón o 19,9% da economía comarcal.

O grado de aproveitamento co que conta a comarca da Limia xunto co municipio de Xunqueira de Ambía, medido como Superficie Agraria Útil (SAU), ascende ó 60% en Xinzo de Limia e supera o 40% nos municipios de Sandiás e Vilar de Santos. Se temos en conta a chaira da Limia, a SAU supera amplamente o 50%, sendo no resto de Galicia unha cifra moi inferior a esta (un 28%).

A repercusión da actividade agraria na zona supón practicamente unha quinta parte dos afiliados totais á Seguridade Social, sendo especialmente importante no caso de municipios como Baltar, Calvos de Randín, Porqueira e Sarreaus, onde o sector agrario supera o 30% das afiliacións totais.

En termos de emprego, a comarca da Limia agrupa 2300 Unidades de Traballo Agrario, que son principalmente titulares de explotación ou membros da unidade familiar (87%). A maiores indicar que se xeran 260 traballos a tempo completo e 30 asalariados de carácter temporal.

O peso dos datos económicos deste sector pon de relevancia a necesidade de defender un sector agrogandeiro moderno, competitivo e producindo sempre co máximo respecto ao entorno, como eixo de futuro da economía comarcal.