Dende a Limia
02:12 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

Tese doutoral sobresaínte Cum Laude con mención Internacional para un Limián

| 18 de Noviembre de 2017 (11:15 h.)
Oscar Ferreiro
Oscar Ferreiro

Dendealimia.com entrevistou en maio do ano pasado ao profesor e investigador da Universidade de Vigo Óscar Ferreiro Vázquez co gallo da defensa da súa tese. Alén de obter a cualificación de sobresaliente Cum Laude con mención internacional por parte do tribunal avaliador recibiu por parte da Universidade o premio extraordinario pola tese. No transcurso deste ano convidárono para presentar os resultados de tan interesante investigación en diferentes universidades de Portugal e Francia, pero hoxe vimos cunha noticia que saltou na prensa local de Vigo. A raíz dunha entrevista que lle realizaron no ano 2013 no que expuña a vida do mariñeiro-intérprete de linguas Gonzalo de Vigo, a autoridade portuaria de Vigo fíxose eco da noticia para encargar unha estatua en bronce de 6 toneladas e 4 metros de alto de De Vigo para ser colocada no recinto de Portocultura que se inaugurará nas próximas semanas.

Gonzalo de Vigo participou na expedición de Fernando de Magallanes para circunnavegar a terra entre 1519 e 1522 e así abrir a ruta das especias entre Occidente e Extremo Oriente. O mariñeiro chegaría á illa dos Ladróns (actual illas Marianas) para quedar e convivir durante case 5 anos entre a xente dos pobos orixinarios. Aí aprendería a lingua e as maneiras deles para logo servir de intérprete a unha nova expedición de españois. Grazas ás súas intervencións e mediación entre os nativos e os occidentais a expedición foi un éxito e pasará á historia como un mariñeiro que accidentalmente se tornou intérprete de linguas para, deste xeito, abrir unha nova ruta cara ao Extremo Oriente.

Podedes acceder á revista Efemérides, na que colaborou o profesor Ferreiro, para saber máis deste apaixonante personaxe:   Revista Efemérides

Acceso á noticia nos xornais: nova