domingo 22.09.2019

Última feira de agosto con máis público do esperado

A rúa S. Roque, como sempre, a máis transitada  e a que máis postos xenlleiros acolle

Despois da gran feira do 14, todo o mundo está a espera da do 27, última do ciclo de verán no que o público asiste masivamente a Xinzo, de compras, para comer o pulpo ou simplemente para pasear.

FEIRA 2

Aínda que a mañá apareceu escura e cun pouco de frio, en canto foron chegando as horas do mediodía o sol saíu e a xente comezou a acudir masivamente a que se dice a última feira boa da tempada, ata que chegue a de decembro.

fEIRA 1